Thursday 02 de May de 2024

Touro pon a punto as súas áreas recreativas e espazos de lecer


O Concello de Touro está poñendo a punto durante durante o mes de xuño as súas áreas recreativas e espazos de lecer. A cuadrilla municipal adícase ao acondicionamento destas instalacións públicas, fundamentalmente limpeza dos terrenos, para que os veciños poidan utilizalas durante os meses de verán. A cuadrilla de traballadores do Concello de Touro traballa estes días na limpeza da maleza na área recreativa da Santaia, que conta cun paseo fluvial e que está moi próxima á Fonte Díaz, capital do Concello de Touro. Tamén acondicionaron nos próximos días outras áreas recretivas como a de Ponte Remesquide, na beira do río Ulla. As 19 parroquias de Touro contan con áreas recreativas ou espazos de lecer para os veciños e forasteiros. O Concello de Touro pretende así poñer ao día unhas instalacións que son utilizadas polos veciños durante os meses de bo tempo.